Thursday 02 de May de 2024

Axenda do 11 ao 13 de agosto de 2023 en Narón


Venres 11 de agosto de 2023

Actividade: Gulliver Fest
Lugar: Área recreativa de Pedroso (Pedroso)
Hora: Apertura da zona camper ás 11.00 e apertura oficial do festival ás 16.00

O Concello organiza a convocatoria a través do Padroado da Cultura e en colaboración coa asociación FurgoGalicia. Máis de 250 furgonetas participarán neste evento, cunha zona camper na que se instalarán tamén máis de medio cento de tendas para acampar. A programación inclúe música, actividades, obradoiros, charlas viaxeiras, teatro… e está aberta á cidadanía en xeral. O programa ao completo pode consultarse a través da web: gulliverfest.es.

Sábado 12 de agosto de 2023

Actividade: Gulliver Fest
Lugar: Área recreativa de Pedroso (Pedroso)
Hora: Dende as 9.00 e pola tarde a partir das 16.30

O programa ao completo pode consultarse a través da web: gulliverfest.es.

Actividade: “II Torneo Cidade de Narón de mus”
Lugar: Hotel Valcarce (polígono de Río do Pozo)
Hora: A partir das 10.00

O Concello e a asociación Musnar organizan esta convocatoria xunto coa Federación Galega de Mus. Participarán xogadores e xogadoras de Galicia e tamén procedentes doutras comunidades.

Domingo 13 de agosto de 2023

Actividade: Gulliver Fest
Lugar: Área recreativa de Pedroso (Pedroso)
Hora: A partir das 9.30 e pola tarde dende as 15.00

O programa ao completo pode consultarse a través da web: gulliverfest.es.